Mostrando entradas con la etiqueta día da poesía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta día da poesía. Mostrar todas las entradas

18 febrero, 2025

RECITANDO POESÍA

E hoxe toca... recitado!

Nacemos e crecemos escoitando poesía. Escoitámola nas nanas e nas cancións infantís, a súa musicalidade e rimas chaman a nosa atención e grávanse na nosa memoria.  A nosa infancia non tería sentido sen elas.  Dicía Gloria Fuertes que para escribir poesía infantil “facíase nena”. Segundo Ana Garralón, experta en literatura infantil e xuvenil e fundadora da librería madrileña A fabulosa,  “os nenos son rítmicos por natureza, encántalles a musicalidade da  linguaxe, os xogos de palabras, as palabras descoñecidas, o curto  pero potente imaginariamente falando”. 

Ler, recitar e memorizar poemas ten incontables beneficios para nenos e nenas. 

A poesía é unha ferramenta clave para profundar no significado das emocións.

Ao ler ou escoitar poesía, potenciamos a linguaxe e favorecemos a aprendizaxe de novas habilidades comunicativas. Do mesmo xeito que a lectura doutros xéneros literarios, ler poesía axuda aos pequenos a ampliar o seu vocabulario, tanto expresivo como comprensivo dunha forma sinxela, dinámica e lúdica.

A pronuncia é fundamental para non perder a graza e a esencia da rima.

A memoria nosa fiel compañeira, acompáñanos desde que nacemos e vaise desenvolvendo ao longo da nosa vida, converténdose na nosa aliada para o día a día.  Ler e escoitar varias veces un poema permite que o memoricemos sen darnos conta, a musicalidade, a rima, as frases curtas e sinxelas farán que os máis pequenos exerciten a súa memoria dunha maneira fácil, dinámica e divertida. 


17 febrero, 2025

ROSALÍA DE CASTRO EN GREGO

O alumnado de 5ºA  do noso centro animouse a recitar a poesía de Rosalía de Castro "Adiós ríos, adiós fontes". hai unha pequena sorpresa.

10 febrero, 2025

RECITANDO POESÍA

O alumnado de 4º A estivo a traballar os textos poéticos na aula. escolleron libros dos andeis da nosa biblioteca e aprenderon uns poemas que nos deixan nesta entrada.




21 marzo, 2024

DÍA DA POESÍA

O 21 de marzo celebramos o Día Mundial da Poesía, co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística e dar a oportunidade ás linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas comunidades respectivas.

O noso obxectivo é promover o ensino da poesía, fomentar a tradición oral dos recitais poéticos, e crear unha imaxe atractiva da poesía nos medios de comunicación para que non se considere unha forma anticuada de arte, senón unha vía de expresión e restablecer o diálogo entre a poesía e as demais manifestacións artísticas, como o teatro, a danza, a música e a pintura.

A poesía contribúe á diversidade creativa ao cuestionar a forma na que usamos as palabras e o noso modo de percibir a realidade. Exprésase de maneira diferente e sutil e consegue comunicar cousas doutra forma, obrigando ao lector descubrir a esencia da mensaxe.

Os nenos e nenas de primeiro queren compartir con nós unha poesía de Rosalía de Castro "Adeus ríos, adeus fontes" empregando a nosa Radio Falangueira.

Enhoraboa a todos e a todas.