Mostrando entradas con la etiqueta Rosalía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Rosalía. Mostrar todas las entradas

18 febrero, 2025

SEGUIMOS RECITANDO ROSALÍA

O alumnado de terceiro fixeron un postcad onde recitaron a poesía PARECE UNHA ROSA de Rosalía De Castro.

RECITANDO POESÍA

E hoxe toca... recitado!

Nacemos e crecemos escoitando poesía. Escoitámola nas nanas e nas cancións infantís, a súa musicalidade e rimas chaman a nosa atención e grávanse na nosa memoria.  A nosa infancia non tería sentido sen elas.  Dicía Gloria Fuertes que para escribir poesía infantil “facíase nena”. Segundo Ana Garralón, experta en literatura infantil e xuvenil e fundadora da librería madrileña A fabulosa,  “os nenos son rítmicos por natureza, encántalles a musicalidade da  linguaxe, os xogos de palabras, as palabras descoñecidas, o curto  pero potente imaginariamente falando”. 

Ler, recitar e memorizar poemas ten incontables beneficios para nenos e nenas. 

A poesía é unha ferramenta clave para profundar no significado das emocións.

Ao ler ou escoitar poesía, potenciamos a linguaxe e favorecemos a aprendizaxe de novas habilidades comunicativas. Do mesmo xeito que a lectura doutros xéneros literarios, ler poesía axuda aos pequenos a ampliar o seu vocabulario, tanto expresivo como comprensivo dunha forma sinxela, dinámica e lúdica.

A pronuncia é fundamental para non perder a graza e a esencia da rima.

A memoria nosa fiel compañeira, acompáñanos desde que nacemos e vaise desenvolvendo ao longo da nosa vida, converténdose na nosa aliada para o día a día.  Ler e escoitar varias veces un poema permite que o memoricemos sen darnos conta, a musicalidade, a rima, as frases curtas e sinxelas farán que os máis pequenos exerciten a súa memoria dunha maneira fácil, dinámica e divertida. 


CANTANDO A ROSALÍA

On nenos e nenas de 4º A están a celebrar por todo o alto a chegada do 23 de febreiro, día no que lembramos a nosa poetísa Rosalía, nesta ocasión cantando a canción de Roi Casal "Rosas" baseado nun poema da nosa Rosalía.


14 marzo, 2024

Día de Rosalía.

Coma cada ano, volvemos celebrar este 2024 a nosa Rosalía de Castro, unha das figuras máis relevantes de Galicia, o día 23 de febreiro na nosa escola.

O alumnado de 3º preparou unha poesía da autora que gravaron na Radio da Biblio.
 Aquí tedes o resultado.