18 febrero, 2025

RECITANDO POESÍA

E hoxe toca... recitado!

Nacemos e crecemos escoitando poesía. Escoitámola nas nanas e nas cancións infantís, a súa musicalidade e rimas chaman a nosa atención e grávanse na nosa memoria.  A nosa infancia non tería sentido sen elas.  Dicía Gloria Fuertes que para escribir poesía infantil “facíase nena”. Segundo Ana Garralón, experta en literatura infantil e xuvenil e fundadora da librería madrileña A fabulosa,  “os nenos son rítmicos por natureza, encántalles a musicalidade da  linguaxe, os xogos de palabras, as palabras descoñecidas, o curto  pero potente imaginariamente falando”. 

Ler, recitar e memorizar poemas ten incontables beneficios para nenos e nenas. 

A poesía é unha ferramenta clave para profundar no significado das emocións.

Ao ler ou escoitar poesía, potenciamos a linguaxe e favorecemos a aprendizaxe de novas habilidades comunicativas. Do mesmo xeito que a lectura doutros xéneros literarios, ler poesía axuda aos pequenos a ampliar o seu vocabulario, tanto expresivo como comprensivo dunha forma sinxela, dinámica e lúdica.

A pronuncia é fundamental para non perder a graza e a esencia da rima.

A memoria nosa fiel compañeira, acompáñanos desde que nacemos e vaise desenvolvendo ao longo da nosa vida, converténdose na nosa aliada para o día a día.  Ler e escoitar varias veces un poema permite que o memoricemos sen darnos conta, a musicalidade, a rima, as frases curtas e sinxelas farán que os máis pequenos exerciten a súa memoria dunha maneira fácil, dinámica e divertida. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario