19 febrero, 2024

FORMACIÓN RADIO

O luns 26 de febreiro alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria tiveron a sorte de participar nun Obradoiro realizado por Damián Alonso de "Ponche nas Ondas". Esta formación puidemos desenvolvela grazas á nosa participación no programa Radio na biblioteca da Consellería de Educación, proxecto no que estamos inmersos desde o pasado curso. 

Ponte nas Ondas é unha Asociación Cultural e Pedagóxica que, desde 1995, realiza actividades educativas e culturais en Galicia e o Norte de Portugal. Entre os fins da asociación están a promoción de actividades culturais e pedagóxicas así como a promoción da identidade común dos dous pobos dentro dunha perspectiva xeral de integración europea e do mundo lusófono. A estas finalidades engadíuselles no ano 2002 o compromiso de traballar na recuperación e difusión do Patrimonio Cultural común a galegos e portugueses.
Pola tarde profesorado do centro recibiu unha formación similar á do noso alumnado.
Grazas Damián por explicar as cousas tan ben!







No hay comentarios:

Publicar un comentario