O pasado curso iniciamos a nosa andaina no uso da Radio na nosa escola. Este proxecto atópase dentro da Biblioteca.
É unha ferramenta didáctica que contribúe a mellorar a expresión oral do noso alumnado. Neste medio de comunicación, a voz (a palabra) é a protagonista xunto coa música e os efectos de son. Por esta razón trátase dun recurso ideal para exercitar os elementos prosódicos e poñer de manifesto a súa relevancia na comunicación por vía oral.
Desenvolver as destrezas que compoñen a expresión oral do alumnado de Educación Primaria debe ocupar un lugar significativo durante a xornada escolar xa que é un instrumento fundamental de comunicación e interacción humana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario